Relaxación:
- Dispoñemonos a realizar unha relaxación estática.
- Tomamos asento. Pés apoiados sobre o chan, mans sobre as pernas, costas e cabeza erguida, postura elegante.
- Miramos cara o fronte e, cada un ao seu ritmo, pode ir pechando os ollos.
- Para comezar a relaxación facemos consciente a nosa respiración abdominal. Inspiramos, énchese o noso abdome. Espiramos, o abdome vacíase. Podemos aproveitar para, con cada espiración ir expulsando fóra de nos calquera tipo de tensión e dispoñernos así, a realizar con maior facilidade a nosa relaxación.
- Tomamos conciencia da forma, volume e tensión da nosa cara, fronte, párpados, ollos, meixelas, mandíbula e lingua. Observamos como, ao levar a atención a nosa cara, esta queda automáticamente relaxada e como condiciona a relaxación do resto do noso corpo.
- Podemos esbozar unha lixeira sonrisa que nos permita apreciar mellor a forma das nosas meixelas, dos nosos beizos. Xa relaxamos a cara, e agora iremos cos ombros e os brazos.
- Tomamos conciencia dos nosos ombros, cóbados, mans e dedos.
- Ao relaxar a cara e ao relaxar os ombros e os brazos, estamos en conciencia de relaxar o pescozo. Relaxamos a cara, os brazos e o pescozo.
- Vamos a relaxar agora tamén as costas. Relaxamos o peito, o abdome e a cavidade abdominal.
- Relaxamos as pernas, xeonllos, pés e dedos dos pes. Facemos conscientes todas as sensacións agradables de distensión e de relaxación de cada parte do noso corpo.
- Dispoñémonos a descender pola pradeira lentamente. Vamos descendendo e observamos que abaixo de todo hai un curso de auga. Chegamos ata alí e imos contemplando, disfrutando de todas as sensacións que nos chegan a mente. Sentimos a calor do sol, a intensidade da luz e as cores do alrededor. Percibimos os sons do agua e os sons dos animais. Sinte como os teus pés andan por un camiño de terra. Cada un vai construíndo a súa propia paisaxe. Observamos a dirección e o sentido que toma o curso do agua e decidimos camiñar cara a orixe, onde nace este río. Deixamos chegar a nosa mente todo o que imos encontrando polo camiño todas as imaxes, todos os sons, as cores, as formas e as testuras. Finalmente, chegamos á fonte, ao manantial. O contemplamos, imos observando todo o que hai ao noso redor. Imos interiorizando esta paisaxe no noso ser. Buscamos un lugar cómodo, sentámonos, observamos, sentimos e apreciamos todas as testuras, todas as cores, a luz e os sons. Contemplamos todo o que hai fóra de nos, unha profunda sensación de paz, a tranquilidade, invade o noso ser mentres contemplamos a natureza que nos rodea.
- Moi ben, agora dispoñémonos a despedirnos do lugar pero coa tranquilidade de que podemos volver sempre que queramos, sempre que necesitemos un chisco de paz, de tranquilidade, poderemos vir cara esta fonte, sentarnos, contemplala e disfrutar da paz do lugar. Nos poñemos de pé e iniciamos de novo o descenso, andando á beira do río. Mentres descendemos de novo a contemplar a paisaxe, a oír os sons da natureza, a apreciar a luz e quizás seamos capaces de diferenciar o tempo transcurrido, quizás as sombras sexan distintas, quizás a intensidade da luz sexa distinta. Vamos camiñando e regresamos aos pés da pradera. Ascendemos agora pola pradera inicial e todavía temos uns segundos para sentarnos e facer un balance da experiencia vivida para volver a saborear todo o paseo realizado e para interiorizar aún máis en nos a sensación de paz e de tranquilidade, da que hemos disfrutado.
- Vamos a ir dispoñéndonos a saír da relaxación, cada un ao seu ritmo, lenta e progresivamente. Estirámonos e recuperamos o ritmo cotidiá, cada un pode abrir os ollos cando lle apetezca. Como foi a túa relaxación?
No hay comentarios:
Publicar un comentario