Consumismo e contaminación do medio ambiente
Deseño libre: material libro+internet (contrastar fontes)
E isto é todo o que hai que facer
Nos países desenvolvidos formamos a “sociedade de consumo”. É dicir, vivimos nunha sociedade na que comprar e consumir son actividades cotiás.O consumo desenfreado de bens e servizos coñécese como consumismo. A publicidade, invade todo, de maneira que temos que ter unha actitude responsable.
A publicidade estimula aos consumidores. A publicidade crea necesidades e dexesos nas persoas.
As necesidades:
Necesidades básicas: As que necesitamos satisfacer primero, como a fame, a sede, o sono….
Necesidades de seguridade: As relacionadas coa necesidade de protección ante o perigo.
Necesidades sociais: A necesidade de pertencer a un grupo e poder relacionarnos.
Necesidades do ego: Como a de destacar nos estudos e no traballo.
Necesidades de autorrealización: Necesidade do ser humano de dar o máximo das súas habilidades .
O consumo responsable:
-Debe ser ético (por exemplo, sen empregar man de obra infantil)
- O consumo debe ser ecolóxico
DEREITOS DOS CONSUMIDORES:
Todos os consumidores teñen unha serie de dereitos que están protexidos pola Lei Xeneral, Hai varios tipos:
-Dereito á protección da saúde e á seguridade:Non poden venderse productos que teñan risgo para a nosa saúde.
-Dereitos á protección dos lexítimos intereses económicos e sociais: Os consumidors son principalmente o fronte á incorporación das cláusulas abusivas nos contratos.
- Dereito a información: Poder coñecer as características de cada producto,.
- Dereito á indemnización polos danos e prexuízos sufridos: Po exemplo polo consumo dun producto en mal estado.
Fonte: Libro de Texto
Avaliación novembro:
ResponderEliminarBastante ben, respectades os criterios de elaboración (excepto nesta última entrada na que case copiades literalmente e non contrastades con outras fontes, faltan ademais referencias ao tema da contaminación e o vídeo non é axeitado).
Empregade fontes fiables e rigorosas, non todo vale, e seguide traballando na elaboración propia.
Ánimo!