martes, 27 de octubre de 2015

Os prexuizos sociais e racistas.

A XENOFOBIA:


A xenofobia é o medo, hostilidade, rexeitamento ou odio ao estranxeiro, con manifestacións que van dende o rexeitamento mais ou menos manifesto, o desprezo e as ameazas ata as agresións e asasinatos. Unha das formas máis comúns de xenofobia é a que exerze en función da raza, isto é racismo.




                      


-Caso real:

Wilson Quinteros é un colombiano ao que asasinaron  en Santiago por dous homes ebrios, comezaron a burlarse del no bús público porque tiña a pel escura. Despois os dous homes o seguiron e finalmente o mataron a puñaladas .






-Entradas:



-http://diario.latercera.com/2012/04/03/01/contenido/pais/31-105370-9-familia-de-ciudadano-colombiano-asesinado-denuncia-movil-xenofobo-en-el-ataque.shtml

-Video:






Problemas asociados a falta de autoestima (anorexia)

A ANOREXIA:


A anorexia consiste nun trastorno na conducta alimentaria que supón unha pérdida de peso provocada polo propio enfermo/a que leva a un estado de inanición. Caracterízase polo medo a aumentar de peso e por unha percepción distorsionada e delirante do propio corpo que fai que o enfermo véase gordo aún cando o peso encóntrase por debaixo do recomendado.



-A quen afecta e como:


A anorexia está principalmente nos adolescentes, as persoas máis afectadas pola anorexia son principalmente as chicas entre os 14 e os 18 anos afectadas polo seu corpo. É moi malo para a saúde, cando a anorexia é severa necesitan unha hospitalización urxente xa que están en resgo de morte.



-Os trastornos da conducta alimenticia:

Entre os cuais está a anorexia e a bulimia nerviosas, son un problema de saúde na nosa sociedade.
 Trastornos Alimentarios: refírese, en xeral, a trastornos psicolóxicos que che fan non comer ou comer demasiado, iso fai que te comportes dunha manera diferente, como facer dietas extremas e unha pérdida de peso esaxerada.



-Características da anorexia:


·Rechazo da persona a grasa corporal, o que indica non comer.
·Preocupación por gañar peso.
·Cambios bruscos da silueta corporal.
·No exemplo das mulleres pérdida da menstruación.


-Exemplo real:

Isto é unha historia real sobre a anorexia, trata dunha nena de sudamérica chamada Cielo Latini. Cando era pequena estaba un pouco gorda e non tiña amigas. Un día, sonoulle o teléfono. Era unha amiga que lle chamaba para quedar. Xusto uns días antes, habíase posto a dieta e adelgazou algo. Cielo asociou estar delgada con ter máis amigos. Comezou a porse a dieta. Ela chateaba con case 50 persoas e unha vez reuníronse todos e enamorouse dun chico que vivía en Bos Aires .

Chegou un momento no que se marchou a Bos Aires para estudar unha carreira. Pero ao chico que vivía alí , que se chamaba Aleixo non lle gustaba Cielo. Ela pensou que era porque non estaba o suficientemente delgada para él ou que non era o suficientemente guapa .

Vomitou por primeira vez despois de ir a cear a un local de comida rápida. Pero co tempo, deixou de comer para non vomitar e non se facer dano na garganta. “Para que comer se logo vomito” pensou ela.

O máximo que pasou sen comer foron 11 días e en 2 meses adelgazou 10 kg. Logo todo seguiu empeorando ata tal punto que se intentou suicidar. Logo meteuse en foros de internet que defendían a anorexia e así seguiu durante un bo tempo.



Diario de Sesións 2

Hoxe seguimos facendo o problema social da anorexia.
CSN: Completou a definición moi ben feita de MLC con características e con trastornos.
CMR: Xunto con MLC buscaron fotos e vídeos temos que valorar o seu esforzo porque non eran capaces de ver as fotos e os vídeos se poñían bastante mal
NGP: A verdade é que tardou moito en buscar unha historia real resumila e traducila ao galego.
VSR: Fixo o diario de sesións e axudou un pouco a todo.
MLC: Revisou o traballo e o colgou no blog.

jueves, 22 de octubre de 2015

Plan de equipo para esta avalación(que mellorar? como?)

Temos que mellorar sobre todo a fluidez do traballo. Sendo máis rápidos, traballando en equipo, traballando en harmonía, sen gritar e sobre todo con moito esforzo e dedicación.

martes, 20 de octubre de 2015

Diario de Sesións 1

DIARIO DE SESIÓNS

NGP: Encargouse de facer os cargos de funcións do equipo que constan dun coordinador, dunha persoa que axuda aos demais membros do equipo, un historiador e un motivador.     Fixo o traballo tranquilo, relaxado e calado.
CMR: Encargouse de facer as normas de equipo. Estivo un rato pensando as normas porque non se lle saían máis pero ao final acabou. Traballo bastante ben.
MLC: Encargouse de pensar o nome do equipo xunto con CSN  tamén puxo os nomes dos compoñentes do equipo. E empezou a colgalo no blog. Traballou ben sen gritar e fixo todo o traballo indicado.
CSN: Axudou en todo momento a MLC e pensou o nome do equipo. Traballou tranquilo relaxado e cumpriu o seu cargo en todo momento.  
VSR: Realizou o diario de sesións e estivo observando en todo momento. Traballou rápido e estresouse un pouco.
Non queda nada pendente para o día seguinte.+

2 PARTE

Hoxe tiñamos que realizar algúns cambios no blog diso so se encargaron 2 persoas VSR e CMR.
Mentres os demais ían adelantando o traballo sobre un problema actual como é anorexia.
MLC: Buscou unha boa definición, fotos e vídeos.
CSN: Buscou información en páxinas web.
NGP: Buscou unha historia real.

O traballo do blog o acabamos e o problema actual non pero era adelantado.

jueves, 15 de octubre de 2015

NORMAS,CARGOS (COORDINACIÓN AXUDA , HISTORIA E MOTIVACIÓN )FUNCIÓNS DE CADA CARGO .

CARGOS

COORDINADOR: Ciro. Coordina as sesión de traballo. Aparte de realizar os seus cometidos, encárgase de que todos os membros do equipo teñan unha tarefa asignada antes de comezar a traballar.

AXUDA: Nicolás . Aparte de realizar os seus cometidos, axuda cando é necesario noutras tarefas (especialmente ao historiador/a e ao motivador/a).

HISTORIADOR: Victoria . Aparte de realizar os seus cometidos, observa como e quen fai cada tarefa. Os últimos dez minutos de cada sesión  escribe un resumo  obxectivo no diario de sesións. O diario ten que recoller o reparto de tarefas (tamén se hai tarefas pendentes para a seguinte sesión e quen as realiza).

MOTIVADOR: Manuela . Aparte de realizar os seus cometidos, observa que todos os membros do equipo falen asertivamente entre eles (empatía, escoita activa,...) , no caso de detectar pasividade ou agresividade ten que intervir favorecendo e propoñendo alternativas positivas.

NORMAS:

Non falar mentres o outro explica.
Non enfadarse uns con outros.
Non estresarse.
Respetarse uns aos outros.
Cando o coordinador fale todos debemos escoitar.
Non enfadarse cando un membro do grupo diga algo a outra persoa e esa persoa non quera facelo.
Facer caso as explicacions cando o coordine o coordinador.
Non berrar cando outro fale.

Nome do Equipo e Compoñentes.

S.E.V.A (Sociedade, Educación, Valoración e Autoestima)

Carlota M.R

Ciro S.N

Nicolás G.P

Victoria S.R

Manuela L.C